Orange e MásMóvil fusionan os seus negocios en España

martes, 26 de marzo do 2024 Marcus Fernández

Como estaba previsto hoxe foi o día no que se anunciou oficialmente a creación da nova joint venture entre Orange e MásMóvil, compañías que combinarán as súas operacións en España cunha participación do 50% cada un, de xeito que terán os mesmos dereitos de goberno da entidade combinada que conta con máis de 37 millóns de liñas entre banda larga e móbil, pasando a liderar o sector das telecomunicacións en España en número de clientes (aínda que non en facturación).

A Oficina Española de Patentes e Marcas ten o rexistro do que sería o logotipo que empregará MásOrange no futuro.

As compañías pasarán a operar como unha entidade única que xa está rexistrada e operativa a partir de hoxe mesmo, co actual director xeral de Orange Francia, Jean François Fallacher, como presidente non executivo e con Meinrad Spenger, director xeral de MásMóvil, como director xeral da nova compañía. Tamén ocupará o cargo de secretario do Consello de Administración Alberto Castañeda, Ludovic Pech será o novo director financeiro e Germán López será o novo director de operacións.
Coméntase que a marca pola que responderá a compañía será MásOrange, pero ese detalle aínda non se anunciou oficialmente.

Meinrad Spenger, Germán López e Ludovic Pech

PUBLICIDADE