Orange venderá un smartphone con procesador Intel

luns, 27 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Para poder ofrecer terminais a un prezo atractivos algunhas compañías optan por distribuír móbiles baixo a súa propia marca, e así no verán chegará ao mercado o Orange Santa Clara, un terminal con Android fabricado por Gigabyte que destacará por funcionar cun procesador Intel Atom Z2460 a 1,6 GHz.
Deixando a un lado o feito de empregar un procesador de Intel, o terminal tamén ten unhas prestacións bastante destacables, como unha pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 600 x 1.024 píxeles, cámara de 8 Mpíxeles capaz de gravar vídeo a 1.080p e poder facer fotografías a refoladas de 10 imaxes por segundo, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, tecnoloxía NFC, soporte de HD Voice, conectividade HSPA+, unhas medidas de 123 x 63 x 9,99 milímetros e un peso de 117 gramos.