Ordenador todo-en-un con base para o iPod

martes, 25 de maio do 2010 Marcus Fernández

O fabricante xaponés Onkyo sorprendeu ao anunciar que o seu novo ordenador todo-en-un E713A9B, aparte dun procesador Intel Core i5-650 a 3,2 GHz, 4 Gb de RAM (ampliable ata 8), 1 Tb de disco duro, pantalla Full HD de 23 polgadas, lector de Blu-ray, webcam de 1,3 Mpíxeles, 3 portos USB 2.0, 1 porto eSATA, porto HDMI, Wi-Fi N, sintonizadora de televisión, lector de tarxetas SDXC e sistema operativo Windows 7 Home Premium de 64 bits, tamén ten unha base para o iPod no lateral da súa pantalla.
Este orixinal equipo porase á venda o 17 de xuño a 189.800 iens (uns 1.528 euros).

PUBLICIDADE