Os Meizu U10 e U20 chegan con pantallas de 5 e 5,5 polgadas
mércores, 24 de agosto do 2016
O fabricante chinés Meizu quere reforzar o seu catálogo de
smartphones de gama media apostando por terminais de deseño metálico coidado,
pantalla con cristal 2.5D, cámaras de 13 e 5 MpÃxeles, 4G, procesador de 8
núcleos e sensor de pegadas dixitais, que contarán con prezos que van entre os
999 e os 1299 iuans (133 e 173 euros), polo que posiblemente sexan grandes éxitos
de vendas, diferenciándose os modelos principalmente no tamaño de pantalla e
nas cantidades de RAM e almacenamento interno das distintas configuracións.
O Meizu U10 chegará ao mercado o 18 de setembro con pantalla HD de 5 polgadas, 2/3
GB de RAM, 16/32 GB de almacenamento interno e baterÃa de 2.760 mAh a 999/1.199
iuans (133 e 160 euros) mentres que o Meizu U20 opta por unha pantalla Full HD
de 5,5 polgadas, 2/3 GB de RAM, 16/32 GB de almacenamento interno e baterÃa de
3.260 mAh por 1.099 e 1.299 iuans (146 e 173 euros) a partires do 28 de agosto.
AÃnda que os móbiles de Meizu comercialÃzanse principalmente en China, é
bastante probable que en poucos meses poidamos velos en tendas españolas na súa
versión internacional.