Os auriculares Motorola Stream inician o seu desembarco europeo
mércores, 9 de agosto do 2017
En 2014 Motorola sorprendía anunciando
accesorios para os seus smartphones como o Moto Hint, un pequeno auricular
con micrófono que perseguía que o usuario o levase todo o día na orella non só
como mans libres do teléfono, senón tamén para controlar o móbil mediante a
voz, e que podería considerase como un precursor dos AirPods
de Apple, contra os que agora compiten os auriculares Motorola Stream,
auriculares Bluetooth con micrófono que avanzan cara a súa dispoñibilidade no
territorio europeo, pois veñen
de poñerse á venda a través de Argos no Reino Unido a un prezo de 79,99
libras (88,63 euros).
Dende Amazon Alemaña tamén podemos
atopar os auriculares a un prezo de 79,99 euros (prezo ao que posiblemente
cheguen a España) aínda que cunha entrega estimada de 1-2 meses, mentres que en Amazon Reino Unido podemos
atopar a edición deportiva a 79.99 libras (cun prezo de entrega de 1-4
semanas), deixando claro que estes accesorios van estar moi presentes no noso
territorio.
Estes auriculares Bluetooth 4.1 teñen unha autonomía de 2 horas de uso por
carga, o que grazas ao seu estoxo de carga (con batería integrada) supón unha
autonomía total de 6 horas. Teñen resistencia á auga, poden empregarse tanto
como mans libres como para dar ordes de voz (tanto en móbiles con Android como
co iPhone), de xeito que poden converterse nuns grandes competidores dos
AirPods de Apple por dúas poderosas razóns: o seu prezo é de menos da metade (o
produto de Apple custa 179 euros) e a súa dispoñibilidade non estaría limitada (actualmente
hai que agardar máis de 4 semanas para recibir os AirPods).