Os iPhone 8 e 8 Plus contará con versión en cor vermella

luns, 9 de abril do 2018 Marcus Fernández

Esta semana Apple amplía a súa liña (PRODUCT)RED con novas versións do iPhone 8 e do iPhone 8 Plus, de xeito que dende mañá será posible pedir estes novos smartphones que presentarán unha cuberta de vidro en cor vermella, cunha banda de aluminio a xogo e un frontal en cor negra e chegarán as tendas a partires do venres (nalgúns mercados entre os que non está España, país ao que tardarán un pouco máis en chegar os novos teléfonos). No caso do iPhone X o produto da gama solidaria dispoñible será a funda Leather Folio en cor vermella.
Lembremos que os produtos da gama (PRODUCT)RED son versións nunha rechamante cor vermella dos que unha boa parte dos seus ingresos destínase directamente a un fondo mundial da loita contra a SIDA, que no caso de Apple contou con máis de 160 millóns de dólares de achega dende 2006, cando botou a andar esta iniciativa.
Os iPhone 8 e iPhone 8 Plus (PRODUCT)RED parten dun prezo de 809 euros, mentres que a funda Leather Folio (PRODUCT)RED venderase a 109 euros.

PUBLICIDADE