Os novos Nexus de Google xa están á venda en Europa
martes, 13 de novembro do 2012
- O Nexus 4 está a ter unha elevada demanda
A tenda en liña de Google incorpora hoxe en Europa dos novos
dispositivos con Android promovidos pola compañÃa, que comprenden ao
smartphone Nexus 4, ao novo tablet Nexus 10 e ao renovado tablet Nexus 7, que
por fin poden marcarse a prezos moi competitivos, e que no caso do Nexus 4
está a ser unha estrea moi forte, pois este móbil con Android 4.2 véndese a 299
e 349 euros nos seus modelos con 8 e 16 Gb de almacenamento interno
respectivamente, prezo moi agresivo para un smartphone libre, o que levou a que
en poucos minutos esgotasen unidades.
- Os novos trebellos de Google xa están á venda en Europa
O Nexus
7 tamén poderÃa ter unha alta demanda, pois agora o seu modelo de 16 Gb
custa só 199 euros, mentres que o modelo de 32 Gb véndese por 249 e unha
versión deste último con conectividade 3G venderÃase só por 299 euros (un iPad
mini de 32 Gb con 3G custarÃa 559 euros, de aà que o prezo de Google pareza
tan atractivo).
Máis difÃcil vai telo o Nexus 10,
pois véndese a prezos de 399 e 499 euros para os seus modelos con 16 e 32 Gb de
almacenamento, xa que desta volta Google non quixo competir en prezo, senón en
prestacións, de xeito que terÃa unha das mellores pantallas do mercado (cun
tamaño de 10,1 polgadas e unha resolución de 2.560 x 1.600 pÃxeles que
superarÃa á pantalla Retina do novo iPad), contarÃa con 2 Gb de RAM, un potente
procesador Exynos 5 de dobre núcleo, GPS e incluso NFC.