Os novos iPhone 13 melloran considerablemente as súas cámaras
martes, 14 de setembro do 2021
Finalmente
Apple presentou o seus novos iPhone, que mantiveron un deseño continuista, de
xeito que podemos velos como unha simple evolución dos modelos do ano pasado,
apostando desta volta por mellorar as súas cámaras (especialmente na gravación
de vÃdeo) e coidar a autonomÃa.
Os iPhone 13 e iPhone 13 mini
manteñen os seus tamaños de pantalla de 6,1 e 5,4 polgadas, pero a súa cámara
traseira dual incrementan os seus sensores e xunto coa estabilización óptica de
imaxe conseguen mellores fotografÃas e vÃdeos baixo pouca luz, á vez que
incorporan modo Cine, que permite mudar o enfoque de xeito selectivo (indo máis
aló do modo retrato, que só desenfoca o fondo). Tamén estrean os Estilos
Fotográficos que suben ou baixan as cores mantendo a naturalidade dos tons de
pel, conseguindo fotografÃas máis brillantes e intensas.
Os novos móbiles tamén integran un procesador A15 Bionic e, como importante
cambio, parten dunha capacidade de almacenamento mÃnima de 128 GB, detalle que
responde basicamente ás melloras de calidade na captación de imaxes e vÃdeo,
para evitar quedar sen espazo rapidamente.
Estes móbiles poderán reservarse a partir do dÃa 17 ás 14:00 horas e estarán
dispoñibles o 24 de setembro a un prezo que parte dos 809 euros para o iPhone
13 mini e de 909 euros para o iPhone 13. Poden equiparse con até 512 GB de
almacenamento o que incrementarÃa o seu prezo en 350 euros.
VÃdeo de presentación do iPhone 13
Os iPhone 13 Pro e iPhone
13 Pro Max van na mesma liña, con pantallas de 6,1 e 6,7 polgadas, que desta
volta inclúen a tecnoloxÃa ProMotion, o que permite velocidades de refresco de
entre 10 Hz e 120 Hz, conseguindo asà imaxes nÃtidas en situacións de moito
movemento, pero tamén un consumo reducido ante imaxes estáticas, tirando asà un
maior proveito do seu panel OLED.
Unha vez máis Apple mellora as cámaras dos seu móbiles, que na súa cámara
traseira tripla non só conta con grandes sensores e estabilización óptica de
imaxe para unhas mellores imaxes baixo pouca luz, senón que tamén redeseñaron o
seu sensor ultra grande angular para introducir o modo macro nos iPhone, ou
sexa, que pode enfocar imaxes a só 2 centÃmetros de distancia.
Aparte dos Estilos Fotográficos e o modo Cine, os novos iPhone 13 Pro tamén
contarán con ProRes, un formato que persegue unha alta fidelidade de cor e
baixa compresión, o que agradecerán os que queiran realizar producións profesionais.
Cómpre salientar que o modo ProRes limÃtase ao vÃdeo Full HD nos móbiles con
128 GB de capacidade, precisando dun mÃnimo de 256 GB para poder gozar desta codificación
en 4K, medida que claramente busca non esgotar a capacidade de almacenamento do
dispositivo a grande velocidade.
O iPhone 13 Pro poderá reservarse dende o dÃa 17 ás 14:00 horas, chegando ás
tendas o 24 de setembro, a un prezo que pate dos 1.159 euros con 128 Gb de
capacidade, mentres que o iPhone 13 Pro Max parte dos 1.259 euros. O modelo de
maior capacidade, o iPhone 13 Pro Max de 1 TB chegarÃa a un prezo de até 1.839
euros.
VÃdeo de presentación do iPhone 13 Pro
VÃdeo no que amosan as bondades do modo Cine