Os resultados electorais poderemos seguilos dende o móbil

xoves, 9 de xullo do 2020 Marcus Fernández

A aplicación móbil que permitirá seguir os datos de participación e o avance en directo do escrutinio das eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebran o vindeiro domingo, 12 de xullo xa pode descargarse a través de Google Play e da App Store, sendo tamén posible consultar estes resultados vía web durante a xornada electoral.
Así, tanto na web como na aplicación, poderán consultarse os avances de participación e tamén estarán dispoñibles os datos en tempo real do escrutinio: tanto a nivel autonómico, como detallado para cada concello galego, incluíndo comparativas coas eleccións do 2016.
Ademais da aplicación e da web de resultados, cómpre destacar que a Xunta tamén ten operativa unha páxina web oficial dos comicios onde se centraliza toda a información de interese relacionada co proceso electoral.

PUBLICIDADE