Os subscritores de pagamento de Xbox LIVE recibirán en marzo unha selección de xogos de auténtico luxo
xoves, 26 de febreiro do 2015
Mentres
Sony parece soltar o acelerador cos xogos que achega aos usuarios de
PlayStation Plus, dende Microsoft fan xusto o contrario, e aÃnda que resulte
complicado ofrecer sen custo adicional un bo xogo para consolas da actual
xeración (por ser demasiado recentes os grandes tÃtulos) a oferta de Games with Gold de marzo dá
plenamente no cravo, e durante todo o mes que vén permitirá que os usuarios
Gold poidan facerse con excelente xogo de plataformas Rayman
Legends, valorado actualmente en 29,99 euros.
- Durante a segunda metade de marzo os usuarios Gold poderán descargar Bioshock Infinite
Os usuarios de Xbox 360 tampouco poden queixarse, xa que recibirán na primeira
metade do mes o
último Tomb Raider (valorado en 24,99
euros) e o igualmente brillante Bioshock
Infinite (valorado en 29,99 euros). Dous xogos que poden considerarse
imprescindibles, que agora quedan ao alcance de todos os usuarios Gold aos que
se lle pasaran no seu dÃa.
Pero a cousa non remata aÃ, senón que, para celebrar que dende o lanzamento de Games with Gold superouse a barreira dos
100 millóns de videoxogos entregados aos subscritores, Microsoft decidiu que o
mes de abril será moi especial, e ofrecerá sen custo adicional 4 xogos para Xbox
360 e 2 xogos para Xbox One.
- Tomb Raider é o xogo de Xbox 360 que abre Games with Gold en marzo