Panasonic presenta un tablet de ultra alta definición
venres, 6 de setembro do 2013
Panasonic presentou estes dÃas o primeiro tablet con
pantalla 4K do mercado, que estará dispoñible en Europa a partir do mes de
novembro, aÃnda que cun prezo bastante prohibitivo (o modelo
estándar custarÃa 4.508 euros). O Panasonic
Toughpad 4K facilita que fotógrafos, arquitectos, cineastas e outros
profesionais creativos poidan gozar de tecnoloxÃa tablet cunha alta resolución,
podendo empregar tamén a pantalla cun lapis para unha maior calidade.
Este atractivo dispositivo funciona con Windows 8.1 Pro, a súa pantalla IPS de
20 polgadas ten unha resolución de 3.840 x 2.560 pÃxeles), funcionará cun procesador
Intel Core i5-3437U vPro a 1,9 GHz (no caso do modelo UT-MB5), contará cunha
gráfica nVIDIA GeForce 745M, equiparase con 4/8 Gb de RAM e 256 Gb de SSD,
integra USB 3.0 e lector de tarxetas SDXC, ten cámara frontal de alta
definición, o seu grosor é de 12,5 milÃmetros e o seu peso de 2,3 quilogramos
(polo que non é tan portátil como outros tablets, pero claramente non está
pensado para un uso no aire como outros
tablets, sendo máis habitual empregalo no escritorio).
Este tablet está reforzado para uso de negocios, o que no implica unha resistente
ante golpes e lÃquidos, pero si unha maior resistencia que os tablets
habituais.