Playdede quere coller o relevo da clásica web de descargas Pordede

martes, 2 de febreiro do 2021 Marcus Fernández

Algunhas páxinas de descargas teñen demostrado ter máis vidas que un gato, e unha delas era Pordede.com, que reviviu como Plusdede.com e Megadede.com, e que tras a despedida desta última o pasado mes de setembro chega unha nova encarnación do servizo, agora con interface totalmente renovada: Playdede.
Este novo espazo conserva o espírito dos seus predecesores, ou sexa, que permite acceder a un amplo catálogo de contido audiovisual hospedado externamente, de xeito que haberá quen empregue a plataforma para a reprodución audiovisual ou a descarga, mentres que outros aproveitarán certas bondades de Playdede, como é a xestión do consumo audiovisual, marcando contidos como vistos ou tamén podendo xestionar un calendario co que está por chegar, recibíndose avisos cando chegan novos capítulos ou películas.
Polo momento Playdede non explota todo o seu potencial, e está a recibir melloras constantes, confiando que en poucas semanas estea a pleno rendemento, sendo agora a grande incógnita se as entidades de xestión de dereitos de autor reaccionarán forzando o bloqueo deste espazo web dende España, como xa aconteceu con outros servizos semellantes.

Playdede non hospeda directamente os contidos aos que facilita o acceso

PUBLICIDADE