Premian a Lelo e as estacións coma mellor animación preescolar

luns, 26 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Os premios da segunda edición do Festival Internacional de Animación online, Animacam TV, recoñeceu como a Mellor Animación Preescolar a obra da coruñesa María Becerra Gestal, Lelo e as estacións, desenvolvida no proxecto final de Máster en Creación e Comunicación Dixital da Universidade da Coruña xunto con outros alumnos (Xana Morales e Xabi Juiz).
Ao certame concorreron 313 filmes de 61 países, e a obra de Gestal conseguiu facerse cun premio cunha dotación de 2.000 euros, que súmase ao anterior recoñecemento acadado no Máster do que naceu a peza, que xa acadara unha Mención de Excelencia.
O filme é un relato musicalizado e cantado no que narra na historia do burriño Lelo, que comeza a valorar o bo que ten cada unha das estacións do ano segundo van pasando. Destaca pola súa peculiar técnica de animación (está elaborado con personaxes de cartolina e fondos de cartón) que podemos ver na Rede grazas a Flocos TV:

<script src="http://flocos.tv/embed/lelo-e-as-estacions/450" type="text/javascript"></script>

PUBLICIDADE