Problemas coa última actualización do firmware do iPhone

martes, 5 de agosto do 2008 Marcus Fernández

A actualización do iPhone pode ter problemas cos axustes os operador utilizado

O iPhone 3G vén de fábrica coa versión 2.0 do seu firmware, que para moitos usuarios do anterior teléfono de Apple non é máis que unha versión de proba, pois presenta moitos problemas de rendemento que non aparecían nas versións anteriores, e avanzando para corrixir os distintos fallos liberaron a versión 2.0.1 do firmware, co que pretendían mellorar a velocidade da axenda e a reposta xeral do teclado virtual (así como dificultar o uso de aplicacións libres) pero o proceso de actualización non saíu como era esperado, e moitos usuarios están a informar de fallos na actualización que van dende a inutilización do terminal ata un problema cos axustes do operador (Movistar no caso español) que crea distintos problemas de conectividade que se agarda que se solucionen en breve.
Nos últimos meses non son poucos os produtos que lanzan actualizacións incorrectas (lembremos que Sony tivo que retirar unha actualización da PS3 que causaba graves problemas) polo que recomendamos aos usuarios que agarden sempre uns días antes de actualizar os seus dispositivos para unha maior seguridade.

PUBLICIDADE