Punto de acceso ultraportátil de Novatel
mércores, 10 de decembro do 2008
Compartir
unha conexión de banda larga móbil a través de Wi-Fi non é algo novo (lembremos
routers coma o Huawei E960
ou a solución
doméstica de Vodafone) pero Novatel Wireless quere achegar unha nova
era a este tipo de trebellos con MiFi, un punto de acceso Wi-Fi compatible
tanto con redes HSPA coma EV-DO que permite conectarse en case calquera lugar
sen fíos e que sorprende por ter unha batería interna que lle subministra
alimentación durante ata 4 horas de uso ou 40 horas en espera, o que resulta
moi práctico para desprazamentos fóra do fogar ou da oficina.
Ata o momento os routers deste tipo precisaban estar conectados constantemente
á rede eléctrica e tiñan un tamaño considerable, pero o Novatel
MiFi se pode transportar no peto, o que é toda unha revolución pola
que deberemos agardar ata o primeiro semestre de 2009, cando se
venderá a uns 200 dólares.