Qualcomm presenta o procesador Snapdragon 821
luns, 11 de xullo do 2016
Os
procesadores Qualcomm Snapdragon 820 son actualmente o estándar nos smartphones de alta gama, pero o seu fabricante,
consciente das cada vez máis elevadas esixencias do mercado, xa está a
traballar en mellorar a potencia destes procesadores, e asà presentan
agora o procesador Snapdragon 821, que supón un incremento de velocidade,
unha mellora no consumo de enerxÃa e un maior rendemento en aplicacións.
Qualcomm estima que o Snapdragon 821 mellora un 10% o rendemento con respecto
ao Snapdragon 820, podendo conseguir velocidades de até 2,4 GHz e, fronte o que
poida pensarse, non estamos ante un procesador que substitúa ao anterior, senón
que simplemente servirá para ampliar a gama 800 de Snapdragon, para que os
fabricantes teñan máis opcións de elección á hora de configurar os seus
dispositivos, confiando en que o 821 sexa o procesador elixido para moitos dos
dispositivos que sairán na segunda metade do ano e que estarán orientados a
satisfacer necesidades para tarefas de alto rendemento como os cascos de
realidade virtual.