RESIDENT EVIL CODE: Veronica X</Em> en HD xa pode adquirirse como descarga

martes, 27 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Claire terá que superar unha plaga de <em>infectados</em> na illa RockfortO Bazar de Xbox LIVE recibiu hoxe como xogo descargable o mítico RESIDENT EVIL CODE: Veronica X, que pode adquirirse por 19,99 euros, e permite recuperar este clásico xogo supervivencia e terror ambientado 3 meses despois da destrución de Racoon City, nunha investigación en Europa na que Claire Redfield está na procura do seu irmán Chris, o que a leva a un laboratorio de Umbrella en París, onde é capturada e enviada á prisión da illa Rockfort. Ao pouco, un individuo ataca a illa, que queda infestada de zombis, polo que Claire debe esforzarse para fuxir e xuntarse con seu irmán.
O remake en alta definición deste clásico de Capcom chegará tamén mañá á PlayStation Network, de xeito que en España será doado gozar deste xogo de referencia, que no Xapón comercialízase en formato físico xunto co remake en HD de Resident Evil 4, que incorporouse a semana pasada ás plataformas de descarga.

JPEG - 49 KB
Claire Redfield protagoniza esta entrega de Resident Evil

PUBLICIDADE