Ray-Ban Stories, as lentes con cámara de Facebook
venres, 10 de setembro do 2021
Pese ao estrepitoso fracaso das Spectacles
de Snapchat, Facebook quere empregar ese camiño para dar lugar a novas experiencias,
no que consideran que serÃa a
primeira xeración das súas smart glasses, creadas en colaboración
con Ray-Ban, de xeito que pretenden que esteamos ante un accesorio que combine
moda e tecnoloxÃa, e poderán adquirirse (en 4 modelos e 5 cores distintas, e
incluso coa posibilidade de graduar as lentes) por a partir de 299 dólares en
EE.UU., Australia, Canadá, Irlanda, Italia e Reino Unido, estando xa dispoñible
un formulario en España
para recibir un aviso cando poidan adquirirse oficialmente no noso territorio.
Ray-Ban Stories integran un par de cámaras de 5 MpÃxeles para poder capturar momentos
da nosa vida dende unha perspectiva en primeira persoa, facilitando o disparo de
fotografÃas ou a gravación de vÃdeos de 30 segundos, podendo controlarse esta
funcionalidade premendo un botón ou mediante ordes de voz. Amais, a lentes
integran unha luz LED para que a xente que estea ao redor saiba cando as
cámaras están gravando vÃdeo, aÃnda que realmente a prestación máis interesante
para moitos usuarios será que as lentes non só integran 3 micrófonos para conseguir
unha boa captación sonora, senón que tamén teñen altofalantes para poder usalas
para realizar chamadas.
Os contidos capturados polas lentes poden logo xestionarse a través dunha
aplicación para o móbil, de xeito que logo poden compartirse como se desexe
(sen as limitacións que tiñan as Spectacles, que claramente estaban optimizadas
para Snapchat), destacando que Facebook terá melloras especÃficas para a
publicación dos contidos das Ray-Ban Stories na súa plataforma.
Estas lentes serÃan o primeiro produto de Facebook en colaboración con Essilor
Luxottica, dentro dun acordo de colaboración de varios anos de duración, co que
buscan mesturar tecnoloxÃa e moda.
VÃdeo promocional das Ray-Ban Stories