Razer presenta novos produtos para xogadores
mércores, 8 de xaneiro do 2020
O fabricante de produtos para xogadores Razer anunciou
no CES de Las Vegas interesantes novidades, entre as que podemos destacar un
accesorio chamado Razer Kishi para engadirlle mandos fÃsicos a smartphones e a
solución de ordenador de escritorio Razer Tomahawk, que prometen ser o obxecto
de desexo de moitos nos vindeiros meses.
O mando Razer Kishi nace da demanda non só dos videoxogos móbiles tradicionais,
senón da emerxencia do xogo na nube, que vai permitir empregar os smartphones
como dispositivos clientes, para os que é preciso contar cun sistema de control
cómodo. AsÃ, os elementos do Razer Kishi poden colocarse aos lados dun
smartphone en horizontal (tanto con Android como con iOS) para poder gozar dun
manexo tan cómodo e fiable coma o dun mando tradicional.
Este mando con varios botóns de disparo, dúas pancas analóxicas e cruceta
dixital consegue unha latencia ultrabaixa ao comunicarse a través de USB-C ou
Lightning, e porase á venda a primeiros deste ano.
Pero máis interesante é o Razer Tomahawk, un
novo ordenador persoal para xogadores que presume de ser «realmente modular».
Este equipo creado en colaboración con Intel utiliza un chasis ultracompacto
Razer Tomahawk N1 e pode equiparse cun sistema Intel NUC 9 Extrema, conseguindo
un equipo de escritorio compacto e potnete. O equipo ten un corpo de aluminio
con laterais de cristal temperado, cunha parte superior en reixa para facilitar
a ventilación. O seu deseño sorprende xa que conta cun mecanismo de apertura
lateral deslizante, de xeito que cun esforzo mÃnimo pode accederse aos seus
compoñentes sen ter que empregar ferramentas.
Este equipo pode equiparse cun procesador Intel Core i9, 64 GB de RAM e unha
gráfica GeForce RTX 2080 Super, podendo o usuario actualizar a RAM e a memoria
SSD de xeito doado. Conta con HDMI 2.0a, soporta até 3 pantallas 4K, ten 2 rañuras
M.2, 2 portos Thunderbolt 3, 6 portos USB 3.2 e 2 portos Gigabit Ethernet. Un
equipo ideal para xogadores, streamers e creadores de contidos que sairá
á venda na primeira metade do ano.
- O deseño do Razer Tomahawk fai doado actualizar os seus compoñentes