Reach Go será a primeira batería externa capaz de alimentar a un ordenador portátil

mércores, 8 de xullo do 2015 Marcus Fernández

As baterías externas gañaron moito peso no mercado nos últimos anos como unha solución para ampliar a autonomía dos smartphones, pero agora que quere imporse o uso de conectores USB-C, dado que poden alimentar a dispositivo moito máis potentes que un teléfono, supón todo un reto para as baterías, e a Reach Go de MOS presume de ser a primeira que será capaz de superar tal atranco sendo capaz de poder alimentar a un ordenador portátil e incluso actuar como un concentrador USB 3.0.
Estamos ante unha batería de 15.000 que sería quen de recargar a batería dun novo MacBook até 3 veces, pero mentres está cargando un portátil deste tipo tamén podería conectar outros dispositivos adicionais ao ordenador (ou incluso recargalos, xa que conta con 2 portos USB-A capaz de achegar 2,1 Amperes), actuando como concentrador, e suplindo así a falta de portos externos do último portátil de Apple.
Queda por ver se esta atractiva batería externa consegue cumprir a súa afirmación de ser a primeira do mercado en poder alimentar a un ordenador portátil, xa que non chegará ao mercado até o mes de outubro, a un prezo de 99 dólares.

JPEG - 40.6 KB
A batería externa Reach Go integra un porto USB-C capaz de alimentar a un MacBook e con 2 portos USB-A que achegan até 2,1 Amperes

PUBLICIDADE