Remake de balde do Bruce Lee para Commodore 64

martes, 16 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Os gráficos deste remake están claramente mellorados respectando o espírito do xogo orixinal

Os nostálxicos que gozaron nos anos 80 de xogos de Commodore 64 poden rememorar os vellos tempos a través un remake do clásico Ultimate Bruce Lee, que conta con novos modos de xogo, gráficos mellorados, extras desbloqueables e incluso unha recreación fiel do xogo orixinal.
O xogo retro é totalmente de balde e só ocupa 27,7 Mbytes, aínda que este título de plataformas que se manexa cos cursores e coa tecla Z non é recomendable para o público xeral (xa que sería máis básico que moitos dos xogos en Flash que se poden atopar na web) pero os fanáticos dos xogos de 8 bits gozarán da lembranza deste clásico.

PUBLICIDADE