Remata o caso anti-monopolio da U.E. contra Microsoft por mor do Internet Explorer en Windows

mércores, 16 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios de Windows 7 en Europa poderían elixir un navegador web alternativo a través da chamada Browser Ballot ScreenA incorporación dunha pantalla de inicio no Windows 7 na que figurarán os navegadores web máis populares para que o usuario poida elixir o que prefira foi finalmente unha solución que convenceu a Bruxelas, de xeito que remata así o caso anti-monopolio da U.E. contra Microsoft, converténdose os compromisos asumidos pola compañía de Redmond en xuridicamente vinculantes.
A comisaria europea sobre estes temas, Neelie Kroes, asegurou que «millóns de consumidores europeos beneficiaranse desta decisión e terán plena liberdade para escoller o navegador que queiran empregar», aínda que dende o Executivo comunitario velarán polo cumprimento dos compromisos de Microsoft, agardándose que incentívese así o uso de navegadores alternativos ao Internet Explorer.

PUBLICIDADE