Réplica da Fender Telecaster para a Xbox 360
xoves, 8 de outubro do 2009
Os
afeccionados aos xogos musicais que queiran dotalos dun maior realismo poden
adquirir a nova guitarra sen fíos que Mad
Catz fabrica baixo a licenza de Rock Band
e que é unha réplica
bastante fiel dunha Fender Telecaster, o que achega unha experiencia de
xogo moi satisfactoria, cuns botóns de alta calidade, mastro adaptable para
zurdos, conexión para un pedal externo (non incluído) e compatibilidade con
xogos coma Rock Band, Rock Band 2, The Beatles: Rock Band, Guitar
Hero World Tour e Guitar Hero 5.
A réplica sen fíos da Fender Telecaster para Xbox 360 está
á venda nos EE.UU. por 109,99 dólares (73,78 euros), o que para moitos
sería todo un luxo, aínda que os máis esixentes poderían optar por outra
réplica do mesmo fabricante, que imitaría a mítica Fender Stratocaster e que xa
está
á venda por 299,99 dólares (202,11 euros). Ambos modelos deberían chegar a Europa nos vindeiros meses.