Reprodutor multimedia de alta definición de Western Digital
luns, 3 de novembro do 2008
A proliferación
de televisores de alta definición fai que os reprodutores multimedia teñan que
adaptarse para ofrecer unha calidade de vídeo aceptable, así como incrementar o
seu soporte de formatos de codificación de vídeo pensando en altas resolucións,
e Western Digital parece que xa ter un dispositivo ideal para atender esta
demanda co seu reprodutor
multimedia WD TV HD, que pode reproducir contidos de dispositivos
conectados a través de USB (tanto unidades de memoria como discos duros
externos) para entregalos por vídeo composto ou HDMI soportando incluso vídeo
de alta definición a 1.080 liñas en progresivo.
Este dispositivo se
vende prezos que parten dos 99,99 dólares nos EE.UU., conta con 2
portos USB (para poder acceder a dúas unidades de almacenamento á vez), e doado
de transportar e o
seu soporte de formatos é realmente abraiante, xa que acepta música
en MP3, WMA, Ogg, WAV/PCM/LPCM, AAC, Dolby Digital, AIF/AIFF e MKA; imaxes en
JPEG, GIF, TIFF, BMP e PNG, e vídeo en MPEG 1/2/4, WMV9, MOV (MPEG-4 H.264),
H.264, AVI (MPEG4, Xvid, AVD) e incluso o contedor máis popular para contidos
de alta definición, o MKV.