SEGA Rally</Em> volve como xogo descargable para Xbox 360

mércores, 18 de maio do 2011 Marcus Fernández

SEGA celebra hoxe o retorno dun dos seus grandes títulos, agora coma xogo descargable, SEGA Rally Online Arcade, que está xa dispoñible no Bazar de Xbox LIVE Arcade por 800 puntos (9,6 euros) de xeito que os usuarios da Xbox 360 poden gozar dos seus distintos modos para 1 ou varios xogadores e con gráficos en alta definición.
Este novo título está inspirado en SEGA Rally Revo e SEGA Rally 3, recuperando características tanto do xogo arcade coma do xogo de consola, como os modos Contrarreloxo, careiras únicas ou eventos de campionato. A través da Rede é posible a competición de ata 5 xogadores, que poderán elixir entre 13 coches distintos e compartir táboas de cualificación globais.
O vicepresidente de negocio dixital de SEGA, Haruki Satomi, destacou que «SEGA Rally sempre foi unha saga que permitiu aos xogadores comezar a xogar de inmediato» e que con esta nova entrega facilítase tamén unha compra áxil para que en pouco tempo o usuario poida estar a competir con opoñentes repartidos por todo o mundo. Ou sexa, que este novo xogo descargable respecta o espírito arcade desta saga, conseguindo así a consonancia co seu título.

JPEG - 98.1 KB
SEGA Rally Online Arcade permite conducir 13 coches diferentes

PUBLICIDADE