Samsung pon á venda un monitor curvo de 27 polgadas
luns, 29 de setembro do 2014
Os televisores curvos de grande tamaño son unha tecnoloxía
cada vez máis presente en feiras tecnolóxicas, que pouco a pouco van chegando
ao mercado, e tal concepto envolvente
tamén pode aplicarse a unha menor escala, de aí que Samsung
comece esta semana a comercialización en EE.UU. do seu monitor SD590C que
co seu panel curvo consegue un uso máis cómodo e cativador, especialmente para
o consumo de multimedia e de videoxogos.
Os novos monitores de Samsung chegan nun tamaño de 27 polgadas, teñen un
elevado brillo (350 cd/m2) e un elevando nivel de contraste (3.000:1).
Tamén gozan dun impresionante son de dúas canles e 5 watts, aínda que o máis
destacable é que conta cun modo especializado en videoxogos, que pode activarse
cun único clic, e que optimiza as imaxes para detectar os cambios de escena,
optimizar o contraste e mellorar a representación das cores.
O Samsung
SD590C ten unha resolución Full HD, un refresco de 60 Hz, una velocidade de
resposta de 4 milisegundos, un ángulo de visión de 178 graos en vertical e
horizontal e un prezo de venda de 429,99 dólares (338,81 euros). É de agardar
que chegue a Europa en poucas semanas.
- A curvatura do monitor está pensada para o consumo multimedia e o uso de videoxogos