Samsung renova o seu Chromebook reducindo drasticamente o seu prezo
xoves, 18 de outubro do 2012
A experiencia de Google nos sistemas operativos vai en dúas
direccións, unha para dispositivos móbiles (Android) e outra para ordenadores
orientados á nube (Chrome OS), e nesta segunda liña levan un tempo intentando
popularizar os Chromebooks, que non conseguir callar no mercado, o que non fai
que Google dea o brazo a torcer e agora anuncian
a renovación destes equipos cun novo Chromebook de Samsung, que poñen á venda
por 249 dólares nos EE.UU., descoñecéndose polo momento cando chegará ao noso
mercado (onde o Chromebook actual no seu modelo 3G aÃnda custa 449 euros).
O Samsung
Chromebook presume de ser un equipo ultraportátil, cunha pantalla de 11,6
polgadas (cunha resolución de 1.366 x 768 pÃxeles), un peso de 1,1 quilogramos
e unha baterÃa que permite unha autonomÃa de ata 6,5 horas, contando tamén con
Wi-Fi N, webcam, 1 porto USB 3.0, 1 porto USB 2.0, saÃda HDMI, Bluetooth 3.0 e
100 Gb de almacenamento na nube de Google (de balde durante 2 anos). Funciona
cun procesador Exynos 5250 de dobre núcleo a 1,7 GHz, 2 Gb de RAM e 16 Gb de
SSD, contribuÃndo este último elemento a que o equipo poida iniciarse en menos
de 10 segundos.
Estes portátiles non poden verse aÃnda como ordenadores principais, senón como
equipos secundarios, válidos para que os cativos fagan os deberes, para ler o
correo electrónico na comodidade do sofá ou para que os avós realicen
videoconferencias, todo sen que ninguén teña que preocuparse polo seu mantemento
e pola súa seguridade, de xeito que só hai que mirar que teña baterÃa para
funcionar e unha conexión á Rede.
VÃdeo promocional dos novos Chromebooks