Samsung viste o Galaxy S6 Edge de Iron Man
martes, 26 de maio do 2015
Samsung é un dos fabricantes que aproveitou o pulo do
filme de Los Vengadores: La Era de Ultrón
para promocionar os seus produtos, entre os que destacan os seus novos
Samsung Galaxy S6 e S6 Edge, e agora sorprenden presentando unha
edición limitada deste último terminal cunha aparencia externa baseada en Iron
Man, lucindo as súas cores vermella e dourada, aà como o deseño do casco do
home de ferro da Marvel na súa carcasa traseira.
Este Samsung Galaxy S6 Edge de Iron Man ten 64 GB de almacenamento interno e
inclúe na súa caixa un cargador sen fÃos inspirado no reactor de arco que leva Iron Man no seu peito. A caixa tamén
presenta unha estética moi coidada, propia deste tipo de edicións tan
exclusivas, que nesta ocasión só sabemos do seu lanzamento asiático, que será o
27 de maio en Corea do Sur e en China e Hong Kong en xuño, descoñecéndose se
poderemos gozar en Europa desta rechamante versión dun dos smartphones insignia
de Samsung.
- O Samsung Galaxy S6 Iron Man Limited Edition inclúe un cargador sen fÃos inspirado no reactor de arco do home de ferro da Marvel
VÃdeo co unboxing do novo smartphone de Samsung