Samsung xa produce en masa unidades SSD de 30,72 TB
martes, 20 de febreiro do 2018
Samsung anunciou hoxe a entrada
en produción dá súa unidade SSD en formato SAS coa maior capacidade do mercado,
xa que as unidades PM1643 teñen unha capacidade de 30,72 TB, dobrando en
capacidade e rendemento ás unidades presentadas en marzo de 2016. Estas
unidades fan uso da última tecnoloxÃa V-NAND con 64 capas e chips 3-bit 512-gigabit,
e son posibles grazas á combinación de 32 novos paquetes NAND flash de 1 TB.
A unidade PM1643 con interface SAS 12Gb/s ten velocidades de lectura e
escritura aleatoria de 400.000 e 50.000 IOPS respectivamente e serÃa capaz de
permitir lecturas e escrituras secuencias de até 2.100 e 1.700 MB por segundo,
o que serÃa 4 e 3 veces o rendemento dunha unidade SSD SATA estándar.
As primeiras unidades SSD de 30,72 TB de Samsung producÃronse en xaneiro, e
pretenden ampliar esta liña ao longo do ano con versións en capacidades de
15,36 TB, 7,68 TB, 3,84 TB, 1,92 TB, 960 GB e 800 GB. Deste xeito buscan acelerar
a transición de discos duros tradicionais a unidades SSD no marco da empresa.