Samsung presenta un accesorio para converter os seus mellores smartphones en lentes de realidade virtual
xoves, 24 de setembro do 2015
As
lentes de realidade virtual prometen converterse nun fenómeno durante 2016, e
dado que os sistemas baseados en PC precisas de equipos informáticos moi
potentes, afastando esta tecnoloxÃa do grande público, unha das solucións que
esperan conseguir introducir aos usuarios a esta tecnoloxÃa de imaxe inmersiva
serÃa a baseada en pantallas de teléfonos móbiles, o que suporÃa un importante
aforro (aÃnda que achegando unha experiencia de uso moitÃsimo máis limitada,
por non ser capaces os móbiles nin de xerar o nivel de detalle preciso nin a
velocidade de fotogramas que consiga enganar ao cerebro para que a realidade
virtual chegue a enganarnos).
Un dos primeiros dispositivos que procurará introducir a tecnoloxÃa que está a
desenvolver Oculus serÃan Gear VR, lentes de realidade virtual que empregan
como pantalla smartphones de alta gama de Samsung, ou sexa, que o primeiro
produto deste tipo dirixido ao mercado de consumo funcionarÃa só con
smartphones Galaxy Note 5 e Galaxy S6/S6 edge/S6 edge+.
Samsung xa comercializara unha versión deste tecnoloxÃa hai meses, pero as versións anteriores
de Gear VR buscaban chegar a desenvolvedores que comezasen asà a traballar
coa realidade virtual baseada en Oculus, pero a nova solución conseguiu ser un
22% máis lixeira e tamén optimizou o seu funcionamento xeral e reduciu
considerablemente o seu prezo (pasa de 199 a 99 dólares), facéndoa atractiva
para os usuarios que buscan gozar de xogos envolventes, vÃdeo en 360 graos,
pelÃculas e outras experiencias que están a preparar para Gear VR.
O Samsung Gear VR é un produto de 201,9 x 116,4 x 92,6 milÃmetros e 310 gramos
de peso, que inclúe acelerómetro, xiroscopio e sensor de proximidade (para
saber se as lentes están postas) e ofrecen un campo de visión de 96 graos, que
poderÃa resultar atractivo incluso para consumir vÃdeo de servizos como Netflix
ou Vimeo, non para crear mundo virtuais, senón para presentar o vÃdeo como se
estivésemos diante dunha pantalla de grande formato.
Espérase que este accesorio chegue ás tendas no mes de novembro.
- Polo momento as Gear VR están orientadas aos smartphones con mellores pantallas e máis potencia de Samsung