Santiago acolle esta semana unha xornada europea sobre agricultura smart
luns, 20 de novembro do 2017
Este
23 de novembro celébrase en Santiago, no Hotel Porta do Camiño, un
encontro profesional sobre tecnoloxías smart aplicadas á
agricultura e a gandería. Trátase
dun seminario abeirado ao programa europeoAgroSmartCoop, cuxo
obxectivo é impulsar a innovación e a colaboración entre
cooperativas de Francia, España e Portugal. O seminario, que xuntará
a reitores, directivos e técnicos de cooperativas dos tres países
veciños, diríxese a informar das tendencias en innovación
sustentábel, comercialización e mercadotecnia intelixente a nivel
europeo.
Como
lembraremos, o proxecto AgroSmartCoop está liderado por AGACA
(Asociación Galega de Cooperativas Agrarias) e constituído por oito
entidades beneficiarias de seis contornas europeas pertencentes aos
ditos tres países: Galicia,
Castela A Mancha, Euskadi
e Estremadura en España; Nouvelle – Aquitaine en Francia e o Norte
de Portugal.
Entre
outros representantes
da innovación no agro,
contarase
coa experiencia de Dcoop, o maior grupo produtor mundial de aceite de
oliva virxe, que
presentará o seu xeoportal para controlar as explotacións dos
socios a través de tecnoloxías da información (Premio á
Innovación 2017 de mans de COPA COGECA). O programa de relatorios
tamén inclúe presentacións da Universidade de Trás-os-Montes e
Alto Douro (dando a coñecer as claves para unha comercialización
intelixente de produtos), de CapsaFood, da Aula de Produtos Lácteos
da USC, da Organización Interprofesional do Viño de España (OIVE),
de DairyLac, e da Casa Grande de Xanceda (empresa galega adicada á
produción ecolóxica e sustentábel de produtos lácteos).