Satechi comercializa un pequeno router/repetidor

xoves, 14 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Satechi está a vender por só 39,99 dólares (29,95 euros) un atractivo dispositivo que pode facer de router Wi-Fi e de repetidor, polo que, grazas ás súas pequenas dimensións, é ideal para usuarios viaxeiros que queiran poder empregar unha rede local cableada comodamente dende o seu portátil e outros dispositivos sen fíos ou que queiran potenciar unha rede Wi-Fi cunha cobertura deficiente.
Este pequeno trebello pode establecer comunicacións Wi-Fi N de ata 300 Mbps, conta con 2 portos Fast Ethernet e soporta os estándares de seguridade que permiten unha rede robusta e protexida de miradas alleas. Cos seus modos de funcionamento pode operar como un router Wi-Fi estándar (recibe o acceso á Internet por cable e compárteo por Wi-Fi), como repetidor Wi-Fi (toma un sinal a través de Wi-Fi e replícao para mellorar a súa cobertura), como bridge (pode tomar unha rede Wi-Fi e conectala cunha nova rede sen fíos con outro nome, xestionando esta nova rede de xeito separado) e como cliente (permite conectarse a unha rede Wi-Fi a través dos seus portos Fast Ethernet, facilitando a conexión á Rede de televisores, consolas de videoxogos e outros dispositivos que carezan de Wi-Fi).

JPEG - 25.8 KB
O router/repetidor sorprende polo seu tamaño compacto



A configuración deste dispositivo explicada en vídeo

PUBLICIDADE