Situm crea Moretrack, unha tecnoloxía innovadora para xestionar os servizos de vixilancia por medio da xeolocalización e IA
xoves, 17 de decembro do 2020
A
empresa Situm, con base en Santiago de Compostela, presentou este
xoves por vídeo-conferencia
unha tecnoloxía que pretende mellorar a seguridade e
a vixilancia a
través da xeocalización. Víctor
Álvarez, director
executivo (CEO)
da empresa, realizou unha presentación virtual de
Moretrack a través de Zoom
para resolver as dúbidas que puidera haber sobre o proxecto.
A iniciativa está subvencionada
pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e co-financiada polo Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do programa FEDER
Galicia 2014 – 2020.
A tecnoloxía Moretrack permite
xestionar os servizos de vixilancia, ademais de optimizar procesos
internos tanto nos interiores como exteriores. Posibilita o control
en tempo real dos gardas de seguridade e inclúe funcionalidades
avanzadas de Intelixencia Artificial (IA).
A iniciativa engloba o
desenvolvemento e a saída ó mercado do mesmo baixo o nome comercial
Situm MRM. Segundo a empresa, o proxecto fornecerá de capacidades
para detectar futuras amezas, automatizar a planificación da
seguridade e axustar a resposta das ameazas identificadas.