SmartQ7, un MID chinés con pantalla de 7 polgadas
mércores, 6 de maio do 2009
Tras o anuncio do MID chinés SmartQ5
cunha pantalla de 4,3 polgadas que se venderÃa por só 899 iuans (98,85 euros),
falan agora do que será o SmartQ7,
que é unha Internet Tablet cunha pantalla táctil de 7 polgadas cunha resolución
de 800 x 480 pÃxeles, que funciona con Linux, conta con conectividade Wi-Fi e USB
2.0 (o que permitirÃa a conexión de teclados, ratos, memorias Flash e outros
dispositivos) que sorprende porque a
súa baterÃa de 4.500 mAh promete ser capaz de permitir a reprodución musical no
trebello durante 48 horas seguidas.
O SmartQ7 tamén inclúe altofalantes, conector para auriculares/saÃda de
televisión e a posibilidade de colocalo sobre a mesa coma se fose un monitor
(para a visualización de vÃdeos ou para o seu uso con teclado e rato externos).
Polo momento non se coñece a data de lanzamento nin o seu prezo, aÃnda que atendendo
ao prezo do SmartQ5 poderiamos supor que será bastante económico, aÃnda que
posiblemente só chegue ao mercado europeo a través da importación.
- O trebello pode colocarse sobre unha mesa coma se fose un monitor