Sony presenta unha cámara compacta orientada á gravación de vÃdeo
martes, 26 de maio do 2020
Sony anunciou hoxe a agardada cámara
ZV-1 para videoblogs, ou sexa, unha versión das célebres cámaras compactas
de Sony optimizada especialmente para a gravación de vÃdeo. Esta cámara conta
cun sensor de imaxe Exmor RS CMOS de 1 polgada e un obxectivo 27.70 mm f/1.8
ZEISS Vario-Sonnar T, que grazas á súa grande apertura consegue bos efectos de
desenfoque de fondo.
A cámara cun sensor de 20,1 MpÃxeles é capaz de bloquear o enfoque e seguir aos
suxeitos con moita precisión e velocidade; inclúe un procesador de imaxe de
última xeración BIONZ X con LSI frontal para ofrecer unha alta resolución e
baixo ruÃdo; a súa pantalla táctil LCD é de ángulo variable e apertura lateral,
para facilitar o seu uso en modo selfie; e incluso pode gravar vÃdeo en
4K con estabilización de imaxe interna.
A Sony ZV-1 inclúe moita tecnoloxÃa desenvolvida para as cámaras da serie α e
RX, de xeito que conta cun sistema de enfoque automático avanzado, que permite
seguir obxectos con precisión, para o que pode aplicar tecnoloxÃas como Real-time
Eye AF e Real-time Tracking. Tamén conta cun modo de exposición automático que
prioriza a cara do suxeito e axusta a exposición para garantir que os cambios
extremos na iluminación non estragen as gravación.
Para unha maior flexibilidade, a Sony ZV-1 conta cunha entrada minijack de 35
milÃmetros e unha zapata MI (que facilita a conexión de micrófonos externos).
Esta cámara compacta mide 105,5 x 60 x 43,5 milÃmetros, pesa 294 gramos e para
facilitar o seu uso conta tamén cunha empuñadura. Na gravación de vÃdeo emprega
estabilización óptica que en 4K mellorarÃa a estabilización até 8 veces fronte
a tecnoloxÃa SteadyShot estándar ou até 11 veces no caso da gravación de vÃdeo
en HD (mesturando estabilización óptica e electrónica). As gravacións en 4K
poden realizarse a grande calidade grazas ao códec XAVC S; tamén pode disparar
fotografÃas a intervalos para facer time-lapses; e incluso conta con
cámara superlenta de até 1.000 imaxes por segundo. Tamén resulta rechamante que
conte coa posibilidade de etiquetar automaticamente os vÃdeos gravados en
vertical, para facilitar a creación de contidos adaptados a móbiles.
Estamos ante unha cámara realmente completa e compacta, que resulta ideal para
creadores de vÃdeo, e que teremos nas tendas europeas a partir de xullo a un
prezo aproximado de 800 euros.
- A empuñadura para a Sony ZV-1 tamén pode facer de trÃpode para facilitar as gravacións en certas situacións.
VÃdeo de presentación da cámara Sony ZV-1