Starlink prepara unha antena que pode transportarse nunha mochila
mércores, 19 de xuño do 2024
O servizo de acceso á Internet a través dos satélites de baixa altura de SpaceX, Starlink, está a realizar probas cunha nova antena receptora que poderÃa ser toda unha revolución, xa que o seu tamaño reducido e a integración de Wi-Fi poderÃa servir para achegar conexión en case calquera lugar do mundo sen dificultades de transporte nin instalación.
A Starlink Mini serÃa unha antena que captarÃa o sinal a través dun panel de 28,9 x 24,8 centÃmetros (cun grosor de 3,85 centÃmetros), pesarÃa 1,16 quilos co seu soporte, contarÃa con conexión Ethernet e Wi-Fi 5 e poderÃa ofrecer cobertura pata até 128 dispositivos nunha superficie de até 112 metros cadrados.
Esta antena, cun campo de visión de 110 graos, soportarÃa temperaturas extremas (entre 30 graos baixo cero e 50 graos centÃgrados), poderÃa funcionar con ventos de até 96 quilómetros por hora e terÃa un consumo medio de 25 watts.
Falamos dunhas especificacións que fan que esta solución sexa sumamente versátil, e o propio Elon Musk confirmou que o produto «cambiará o mundo» xa que pode levarse nunha mochila e non levarÃa nin 5 minutos poñelo a funcionar. Asegura que esta antena e o servizo coa mesma custarÃan a metade que coa antena ordinaria, pero sendo máis que dabondo para a meirande parte de usuarios, xa que achegarÃa capacidade como para poder ver varios vÃdeos 4K simultaneamente cunha latencia de só 23 milisegundos.