Steam supera os 5 millóns de xogadores simultáneos

xoves, 5 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Aínda que nos últimos anos dá a impresión de que a meirande parte do xogo en liña realízase a través das consolas de videoxogos, o PC continúa a ter moita forza, incluso máis aló do World of Warcraft, o que veñen de demostrar as estatísticas da plataforma Steam que estes días están a rexistrar picos de ata 5 millóns de usuarios simultáneos, algo que hai que agradecer claramente ao tempo de Nadal e a grandes títulos como The Elders Scrolls V: Skyrim (tamén gozan de bastante éxito Counter-Strike, o multixogador de Call of Duty: Modern Warfare 3 e o Football Manager 2012).
Entendemos así que a distribución dixital de xogos ten cada día máis forza, e ao igual que actualmente trunfa nos dispositivos móbiles, está a avanzar para converterse na canle dominante na achega de videoxogos. De feito, cando a industria dos videoxogos (establecementos físicos) presenta as súas cifras de vendas falando dunha pequena caída por mor da conxuntura económica, están a obviar que boa parte do seu negocio trasladouse á Rede, e tomando datos globais veriamos que o sector continúa o seu ritmo de crecemento con tanta saúde coma nos últimos anos.

PUBLICIDADE