Steve Wozniak colaborará cunha empresa de optimización de vídeos na Rede

luns, 30 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Steve Wozniak, co-fundador de Apple

Hotswap é unha web de compra-venda de vehículos baseada en vídeos de alta calidade que vén de acadar a atención de boa parte do mundo grazas a que persoeiros coma Red McCombs (co-fundador de Clear Channel Communications) e Steve Wozniak (co-fundador de Apple) van a emprestar apoio a este proxecto iniciado por 3 rapaces de pouco máis de 20 anos licenciados recentemente pola Universidade de California.
A tecnoloxía de Hotswap destaca por coller vídeos de pouca calidade de servizos coma YouTube e transformalos dándolles unha aparencia de alta calidade, co que pretenden revolucionar o comercio electrónico coa incorporación deste tipo de contidos.
A compañía fundouse hai só 3 meses, contando con financiamento por parte de Kinsey Hills Group, e xa ten contratos coas cadeas de distribución de coches AutoNation e Red McCombs Enterprises, de xeito que esta última xa emprega os videoclips con tecnoloxía Hotswap para as súas listaxes de coches usados na Rede.

PUBLICIDADE