Telefónica cobrará a identificación de chamadas aos seus clientes con ADSL, Dúo e Trío

luns, 25 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Dende a web de BandaAncha.eu advirten de que o Servizo de Identificación de Chamadas se comezará a cobrar a todos os clientes de Telefónica (incluíndo aos que teñen ADSL, Dúo ou Trío) a partir do vindeiro 1 de outubro, como xa fixo a outros clientes hai uns meses, o que suporá un incremento dos custos fixos de 0,50 euros/mes.
Esta modificación das condicións de contratación sumaríase a moitas outras que se están a cambiar nos últimos meses por parte das operadoras de telecomunicacións para incrementar os seus ingresos económicos en conceptos fixos ou de difícil percepción, aínda que dende os foros de BandaAncha.eu tamén inciden no feito de que os 0,50 euros mencionados anteriormente corresponden a un prezo promocional de xeito que a operadora podería incrementalo no futuro, xa que o prezo definitivo do produto non se publicou en ningún momento.

PUBLICIDADE