Telefónica reforza a cobertura de banda larga no rural compostelán
luns, 21 de abril do 2014
Máis
de dous mil seiscentos veciños do contorno rural da cidade de Santiago de
Compostela poderán acceder á Internet de calidade trala conclusión neste
concello, por parte de Telefónica e dentro do Plan de Banda Larga da Xunta de
Galicia, dos traballos de despregamento da tecnoloxÃa UMTS (3G).
Os núcleos de poboación beneficiados no despregue son os de Lobio, SobrÃns, A
Torre Branca, Pousada de Bando, Zaramacedo, A Casanova, A Figueira, A Igrexa de
Busto, Neiro de Abaixo, Ramelle, O Eixo de Arriba, A Aldea de Abaixo, Piñeiro
da Enfesta, Reboredo, A Igrexa de Fecha, Vrins, A Cova, Codesedas, CorrexÃns,
Folgoso, Marmacou, As Moas de Arriba, Piñor, A Portela de Figueiras, Xulacasa,
A Igrexa de Grixoa, Marzo de Abaixo, Marzo de Arriba, Miramontes, A Valiña, A
Barcia, O Casal de Larado, Santomil, Vilar de Marantes, Amarelle, Requesende,
San Paio, Son de Abaixo, Bar de Arriba, San Paio do Monte, Sarela de Abaixo,
Aradas, O Bargo e Pardaces de Abaixo. En todos eles poderase acceder á Internet
con velocidades de 7 Mbps.
A tecnoloxÃa empregada por Telefónica é a UTMS (3G) na banda dos 900 Mhz., con
grande capacidade de propagación en zonas rurais orograficamente complexas.
Deste xeito, ademais de poder contratar o acceso á Rede, no entorno dos
devanditos núcleos de poboación mellorará sensiblemente, ou activarase por vez
primeira, a cobertura de datos en mobilidade.
O despregamento en Santiago de Compostela forma parte das actuacións do Plan de
Banda Larga da Xunta para dotar de cobertura a todos os galegos en 2015. Esta
acción, adxudicada a Telefónica en setembro de 2011, ten como obxectivo
facilitar o acceso á Rede de 11.300 novos núcleos de poboación galegos sitos en
zonas de Galicia de especial complexidade orográfica, e nos que viven 250.000
persoas.