The Punisher: No Mercy sae á venda a través da PSN

xoves, 2 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O personaxe de cómic creado por Gerry Conway, John Romita, Sr. e Ross Andru, The Punisher (El Castigador en España) xa saltou de medio en varias ocasións contando con 3 películas de pouco éxito e 2 videoxogos (un clásico para recreativas e un menos representativo título que saíu hai uns 4 anos para móbil, PC, Xbox e PS2) e hoxe chega tamén á PlayStation 3 a través do xogo descargable The Punisher: No Mercy, do que tamén pode descargarse unha demo de balde.

JPEG - 62.1 KB
Ilustración de M. Deodato para o xogo co personaxe de Silver Sable

Este título elaborado por Zen Studios é exclusivo para a consola de Sony e está á venda por 7,99 euros, o que dá a entender que non estamos ante unha obra que pasará á historia, limitándose a ser un xogo de acción en primeira persoa que fai uso do motor gráfico Unreal Engine 3 e que foi desenvolvido pensando no público multi-xogador (con 6 modos distintos de ata 8 xogadores).
Para contentar aos seguidores de Frank Castle na súa loita vingativa contra o crime, The Punisher: No Mercy contará coa aparición de personaxes coñecidos coma Puzzle (Jigsaw), Buschwacker, Jenny Cesare, Microchip, Finn Cooley, o carismático Barracuda e incluso a atractiva Silver Sable, presentes no modo historia fóra de liña, no que tamén poderemos ver ilustracións exclusivas de Mike Deodato.

JPEG - 621 KB
Os usuarios poderán personalizar aos personaxes do xogo de cara a enfrontamentos multi-xogador



Trailer de The Punisher: No Mercy

PUBLICIDADE