TrackMania Nations Forever poderase descargar de balde a partir do 16 de abril
martes, 8 de abril do 2008
A saga de xogos para PC TrackMania, non só está a preparar o seu salto á Nintendo DS,
senón que a partir do 16 de abril contará cunha nova entrega descargable de
balde a través da Internet, seguindo a estela de TrackMania Nations (que tamén era gratuÃto, se instalou 30 millóns de
veces e conta cuns 4 millóns de xogadores en liña).
TrackMania Nations Forever é unha secuela moi agardada, apta tanto para o xogo
individual como multixogador, que contará con 65 novos trazados ordenados por
dificultade.
Nadeo desenvolve este novo tÃtulo, e o director do estudo, Florent Castelnerac,
descata o carácter competitivo do xogo, que «aÃnda que xogues Nations Forever totalmente so, podes cualificarte
no mundo, no teu paÃs, na túa cidade ou na túa listaxe de amigos».
Trailer do xogo