Trim-Slice chega como un ordenador de tamaño mínimo grazas á tecnoloxía nVIDIA Tegra 2

mércores, 26 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

O Trim-Slice destaca polo seu tamaño reducido

Que os móbiles e tablets de última xeración incorporen tecnoloxía nVIDIA Tegra 2 permítelles gozar da potencia suficiente para reproducir vídeos en alta definición pero, ¿non sería igualmente válida esa solución para un ordenador? Iso entende a xente de CompuLab, que vén de presentar o seu equipo Trim-Slice, un ordenador de tamaño reducido (13 x 9,5 x 1,5 centímetros), cunha carcasa de metal sen ventilador, a mencionada tecnoloxía nVIDIA Tegra 2 (que integra nun único chip un procesador de dobre núcleo ARM Cortex A9 a 1 GHz e unha gráfica GeForce de baixo consumo), 1 Gb de RAM, unidade SSD SATA de ata 64 Gb, un lector de tarxetas SDHC e outro de microSDHC, Gigabit Ethernet, Wi-Fi N, Bluetooth, boa conectividade (dobre saída de vídeo HDMI + DVI e saída de audio dixital 5.1), 4 portos USB 2.0, porto serie RS232.
Con esta configuración temos un equipo de tamaño moi reducido, que é válido para a reprodución multimedia, os videoxogos e incluso coma un ordenador persoal principal (dependendo das demandas dos seus usuarios). Dende CompuLab están a esforzarse para que o equipo funcione con multitude de sistemas operativos e aplicacións informáticas.

Pese ao seu reducido tamaño, o Trim-Slice conta cunha boa conectividade

PUBLICIDADE