Truphone estrea en España os seus plans de datos para Apple SIM

luns, 6 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

Coa chegada do iPad Air 2 Apple estreou o uso de tarxetas nano SIM programables, e agora chega a España a compañía Truphone ofrecendo plans de datos internacionais para usuarios de iPad que utilicen esta tecnoloxía, de xeito que poderanse contratar bonos para 30 días de 500 MB por 8 euros, de 1 GB por 11 euros e de 3 GB por 20 euros, contando coa posibilidade de probar o servizo de balde durante 30 días (con só 100 MB de datos).
Os dispositivos compatibles con este servizo serían os iPad mini 3 e 4, iPad Air2 e iPad Pro con Apple SIM, e para contratalo chegará con acudir ao propio menú de axuste de datos móbiles do iPad, funcionando a conexión en Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Cidade do Vaticano, Dinamarca, EE.UU., Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Guíana Francesa, Grecia, Guadalupe, Guernesei, Hong Kong, Hungría, Islandia, Irlanda, Illa de Man, Illa Reunión, Italia, Xapón, Illa de Jersey, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Martinica, Mónaco, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Porto Rico, Reino Unido, República Checa, Romanía e Suecia.
Truphone asegura ser o primeiro operador en España que ofrece un plan de datos internacionais para iPad cunhas tarifas atractivas, tamén para o seu uso en España, que carece de contratos e compromisos de permanencia, polo que pode resultar moi práctico para quen conte cun iPad con conectividade móbil.

PUBLICIDADE