Un novo filme trae á actualidade o videoxogo galego Zombeer

venres, 4 de setembro do 2015 Marcus Fernández

Tras varios anos de duro traballo e múltiples atrancos, o estudio galego Moonbite Games logrou completar a súa grande creación, Zombeer e publicala para PlayStation 3 en xaneiro de 2014, chegando un ano despois a Steam, a principal plataforma de distribución en liña de xogos para PC, e aínda que parecería que rematada a fase de lanzamento deste título non daría máis que falar, sorprendeunos cun detalle bastante rechamante: podemos ver o xogo en acción dentro do filme Bloodsucking Bastards, que se estrea hoxe mesmo.
O filme é unha comedia de terror considerado como unha mestura entre Trabajo Basura e Zombies Pary, na que uns traballadores teñen que loitar contra un problema de vampiros na súa empresa. Polo momento só está confirmada a súa estrea nos EE.UU., pero non sería de sorprender que tivese unha boa distribución internacional no mercado doméstico, como habitualmente acontece coas producións deste xénero. De ser así, poderiamos estar ante un factor que contribúa seriamente a revitalizar o videoxogo que inicio o seu desenvolvemento en Galicia e que incluso podemos ver no tráiler da nova película norteamericana:

PUBLICIDADE