Un novo sistema de enerxía térmica permitirá recargar as baterías dos móbiles coas mans

xoves, 9 de agosto do 2007 Matías Olazabal

Un grupo de científicos alemáns están a desenvolver unha tecnoloxía que permitiría transformar a temperatura corporal en enerxía, o cal podería levar -entre outras cousas-, a que poidamos recargar as baterías dos teléfonos móbiles “coas mans”, é dicir: aproveitando a calor xerada por elas.

O sistema, que opera do mesmo xeito que unha central térmica, polo de agora xa pode producir unha fonte de enerxía de 50 milivoltios, e -segundo os seu impulsores- opera “simplemente, grazas as diferenzas de temperatura entre ambientes cálidos e fríos".

Ademais de axudar a resolver situacións coma a da batería do móbil descargada, este sistema tamén podería dotar a instrumentos médicos de calor, autonomía e rendemento, aplicando estes principios a medidores de tensión, temperatura, o pulso cardíaco.

PUBLICIDADE