Unha empresa xaponesa sorprende cun masaxeador de mans para gamers
venres, 31 de decembro do 2021
Dende
a marca xaponesa de produtos para gaming Bauhütte sorprenden presentando
un curioso concepto de produto, o masaxeador de mans MSG-01H,
que xa venden a través
de Amazon a un prezo de 15.994 iens (122 euros), utilizando tamén a mesma
plataforma para comercializar un masaxeador de pés.
AÃnda que estamos afeitos a ver teclados ergonómicos ou incluso ratos verticais,
ou sexa, accesorios informáticos que buscan reducir os problemas fÃsicos
provocados polos movementos repetitivos que temos que realizar coas nosas mans,
desta volta o que busca o masaxeador de mans de Bauhütte non é reducir o
esforzo de tendóns, músculos e articulacións, senón favorecer a circulación e axudar
a relaxar os dedos fatigados, para o que hai que introducir unha man no
dispositivo, para que asà exerza presión mediante 15 coxÃns de aire quente
integrados no seu interior, co que simula unha masaxe. Tamén contan con modos
de funcionamento no que exerce presión na palma da man ou tira dos dedos un a
un.
A efectividade deste tipo de trebellos é algo que non temos nada clara, e de
ter sabido do mesmo o pasado martes pensariamos que se trata dunha inocentada,
pero o que resulta innegable é que hai mercado para produtos que coidan pola
saúde das persoas que pasan moitas horas fronte ao ordenador, sexa por traballo
ou por lecer, e cada vez veremos máis produtos dirixidos a atender tal demanda.
- O masaxeador de mans é un dos moitos accesorios dirixidos ao público gamer que o público xeral considerarÃa absurdo, pero que prometen facerse cada vez máis habituais