Vitae Consultores móstranos como resolver conflitos na nosa empresa
martes, 17 de xaneiro do 2023
A
consultora tecnolóxica Vitae vai achegarnos esta tempada unha
actividade formativa para axudarnos a garantir o mellor ambiente de
traballo posible na nosa empresa. Trátase
do Curso Resolución de Conflitos, que se desenvolve a través do
formato de aula virtual os días 14, 15 e 16 de febreiros. Ao longo
de nove horas de formación, mostraranse exemplos concretos de
problemáticas laborais e amosaranse xeitos de evitalas e resolvelas,
ao tempo que se resolverán boa parte das preguntas que nos asaltan
ao tratar a cuestión dos conflitos laborais.
“Este
seminario”, informou a consultora galega Vitae, “pretende facer
un percorrido sobre os elementos máis importantes do conflito, sendo
o seu obxectivo principal axudar aos participantes a entender e
xestionar mellor os desencontros persoais ou profesionais que deban
abordar no seu día a día”.
O
seminario, de nove horas de duración, basea o seu alicerce
tecnolóxico nos conceptos de Formación Activa e Student Centred
Learning. “Ambas estratexias pedagóxicas”, engade Vitae,
“requiren da participación activa do estudante como método de
aprendizaxe baixo as instrucións do formador, cuxo rol é o de
dinamizador, impulsor de criterio e de significado e significantes”.
Noutras palabras, “o grao de aprendizaxe do alumno dependerá da
súa implicación persoal activa no proceso”.
Os
obxectivos concretos do curso son os seguintes:
-Dotarnos
dun rol de liderado e proactivo na resolución de conflitos.
-Mellorarmos
a eficiencia e a eficacia persoal e organizativa e xestionar mellor
os desencontros entre membros do noso equipo.
A
persoa encargada de impartir o curso será Javier Rovira, licenciado
en Dereito e Administración de Empresas polo ICADE, mestrado en
Dirección Xeral polo IESE e Doutorado en Economía de Empresa (DEA
pola Universidade Rei Xoán Carlos). Foi profesor da ESIC Business &
Marketing School e é socio director de Know How NP, consultora
especializada en estratexia de innovación e desenvolvemento
organizativo, tendo unha dilatada experiencia en diferentes sectores.
Foi director xeral de González Byass, director xeral de Neck &
Neck, conselleiro delegado de Sabelma, director de Laboratorios Babé
e director de Marketing e Desenvolvemento Estratéxico de Bebidas
Pepsico. Coo consultor e formador traballou con empresas como
Microsoft, Terra, Monsanto, Prisa, Axencia Tributaria, Telefónica,
RENFE, Dell España, Lucent, El Corte Inglés ou Porche-Saab España,
entre outras moitas. Ten no seu haber unhas 10.000 horas de
consultoría e unha bagaxe formativa de máis de 5.000 profesionais e
directivos.
