Volante de carreiras multiplataforma

venres, 31 de outubro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 133.1 KB

Os afeccionados aos xogos de carreiras máis esixentes estarán encantados co novo lanzamento de Fanatec, que é un volante sen fíos compatible co PC, a PlayStation 3 e a Xbox 360, que presenta unha coidada aparencia para dar un maior realismo á experiencia deportivo durante as competicións virtuais.
O volante de carreiras Porsche 911 Turbo S ten un ángulo de xiro de 900 graos (axustable tamén a 360 ou 180 graos), conta con 6+1 marchas (con pancas intercambiables para cambio secuencial ou con forma de H), pedais sen fíos, superficie de coiro, e sorprende por ser multiplataforma, operando de xeito nativo na Xbox 360 (sendo compatible incluso con títulos vellos coma Forza 2) e precisa un receptor para operar en PC e PS3. Emprega 3 motores de force feedback para dar un realismo incrible.
Por desgrazas, as impresionantes características do volante se notan no seu prezo, pois se venderá en distintas edicións a 150, 250 e 400 dólares.

PUBLICIDADE