Western Digital leva os seus disco duros empresariais até os 14 TB

mércores, 4 de outubro do 2017 Marcus Fernández

Pese a que os discos duros de consumo teñen unhas capacidades máis que dabondo para cubrir as necesidades de practicamente calquera usuario, cando imos a aplicacións empresariais atopamos sempre unha crecente necesidade de maior densidade de almacenamento para maximizar o rendemento dos centros de proceso de datos (reducindo sempre que se poida o espazo e o consumo enerxético) de aí que os discos duros continúan a aumentar en capacidade, e Western Digital vén de superar a súa marca neste ámbito, e presenta as súas unidades HGST Ultrastar Hs14, deseñadas para cargas de traballo secuencial, e que chegan até os 14 TB de capacidade.
Este novos discos duros de Western Digital destacan por ter un consumo en repouso un 60% inferior que unidades de 8 TB de aire, de xeito que a tecnoloxía de helio demostra ser superior á máis habitual empregada nos discos duros de 3,5 polgadas, o que supón unha importante vantaxe para centros de proceso de datos nos que se instalan centos de unidades, de xeito que cada incremento de capacidade e redución de consumo ten un importante impacto total.

PUBLICIDADE